glutatión
glutatión
s
m
[BIOQ]
Tripéptido natural composto polos aminoácidos cisteína, ácido glutámico e glicina. Distribúese amplamente entre animais, vexetais e microorganismos, e é importante nas reaccións de oxidación. Pasa facilmente, e de modo reversible, da forma oxidada á forma reducida, por iso o glutatión actúa como sistema redox biolóxico. Tamén é fundamental para un correcto funcionamento de proteínas, da hemoglobina ou das membranas lipídicas.