Granada

Granada

Provincia de Andalucía (12.531 km2; 821.660 h [2001]). A súa capital é Granada. A poboación concéntrase nas beiras dos ríos e na zona de Motril. A base da súa economía é a agricultura de regadío centrada nos cultivos de hortalizas, froiteiras, remolacha azucreira e patacas. Tamén ten importancia a gandería caprina e porcina ademais das industrais alimentarias, metalúrxicas, da construción, da confección e da pel. O turismo eo comercio teñen unha importancia crecente.

Palabras veciñas

Graña, Irene | granada | Granada | Granada | Granada | Granada | Granada Conti, Daniel