hálito

hálito

(< lat halĭtu)

  1. s m

    Aire quente que se expira pola boca.

    Sinónimos: alento, bafexo, bafo.
  2. s m

    Bafo que desprende algo.

    Sinónimos: bafexo.
  3. s m

    Vento moi suave.

    Ex: O suave hálito da mañá movía as flores do xardín.

    Sinónimos: brisa.