alento

alento

(< lat *alenĭtu por*alenĭtu)

  1. s m

    Acto de alentar ou respirar.

    Ex: Quedou sen alento cando viu aquilo alí tirado.

    Sinónimos: respiración. Confrontacións: resollo.
  2. s m

    Aire que sae dos pulmóns na expiración.

    Ex: Ó respirar con forza escoitamos o seu alento na distancia.

    Sinónimos: bafo.
  3. s m

    Ánimo que posúe a persoa para realizar unha acción.

    Ex: O voso alento naquel intre tan difícil animoume moito.

    Sinónimos: coraxe, folgo, forza, forza. Antónimos: deixamento, desalento, desánimo.

Frases feitas

  • Perder o alento. Quedar case sen poder respirar como resultado dun esforzo violento ou dunha forte emoción.

  • Quedar sen alento. Quedar esgotado, sen folgos.

  • Tomar alento. Descansar antes de facer un traballo ou calquera actividade que implique esforzo.

Palabras veciñas

alentar | Alentejo | alentexano -na | alento | Alento | Alento | Alenza y Nieto, Leonardo