folgo

folgo

(< folgar)

  1. s m

    Acto de respirar ou alentar.

  2. s m

    Capacidade ou ánimo que se ten para facer algunha cousa. OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural.

    Ex: Despois de caer tivo os suficientes folgos para chegar á meta.

    Sinónimos: alento, coraxe, valor, forza, forza. Antónimos: desalento, desánimo.
  3. s m

    Descanso que se fai para recuperarse despois dun traballo ou dunha actividade pesada.

    Ex: Na mañá só tomou un folgo de dez minutos.