Alento

Alento
[PUBLIC]

Boletín en galego nado en Santiago e Noia en xullo de 1934, que cesou en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns dez, once e doce. Subtitulado “Boletín de Estudos Polítecos”, foi dirixida por Álvaro das Casas, que tamén colaborou con diferentes artigos e co estudo Conceito e sentimento da patria nos Evanxeos. Foi defensor das teses nacionalistas e nel colaboraron Vicente Risco, cunha serie de artigos titulada Nacionalismo galego, Xohán Brañas, Paulino Pedret-Casado, cun ensaio titulado Ensaio para unha teoría do galeguismo, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Vilar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, que participou con dous ensaios chamados Os camiños dos homes e Os camiños de Deus, e Luís Manteiga, entre outros autores. Publicáronse nel artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo.