Haltica

Haltica
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos coleópteros da familia dos crisomélidos, que teñen 15 mm como máximo e son prexudiciais para a agricultura. A háltica da viña (H. ampelophaga) produce estragos ao roer todas as follas; a da col (H. brassicae) aliméntase das súas follas e doutras crucíferas, e a das hortalizas (H. oloracea) ataca tamén as plantas crucíferas e as acelgas e remolachas.

Palabras veciñas

halterio | halterofilia | halterófilo -la | Haltica | haluro | halurxia | Halydris