haluro
haluro
(< hal- + 2 -uro)
-
s
m
[QUÍM]
Nome xenérico dos compostos binarios formados pola combinación dun halóxeno cun hidróxeno, con metais ou con outros halóxenos. No primeiro caso as solucións acuosas son ácidas e cada un dos compostos é un hidrácido; o segundo caso é o dos compostos denominados interhalóxenos, do tipo CIF 3 e IF 7 .
-
haluro ácido
[QUÍM]
Nome xenérico dos compostos de fórmula R-COX, onde X é un halóxeno.
-
haluro de prata
[IND/ARTE]
Cristais de prata sensibles á luz na emulsión dunha película, que conforman a imaxe fotográfica.