herbario
herbario
(< lat herbarĭu)
s
m
[BOT]
Colección de plantas secas destinadas á investigación ou ao ensino da botánica. Os exemplares que o constitúen desécanse, prénsanse e móntanse en cartolinas para manter e conservar a forma e a disposición dos órganos das plantas conforme o seu estado natural. As coleccións pódense manter de forma case indefinida se a preparación e a conservación foi a correcta. Aínda se conservan herbarios como o de Ghini, Cesalpino ou Linneo. Tamén recibe o nome de fitoteca.