home
(< lat homĭne)
-
Liñaxe que leva, en campo de azul, seis crecentes de ouro, contornados, colocados en dous paos de tres.
-
s
m
[ANTROP/FISIO]
Nome común do xénero de primates antropoides que comprende ao home actual (Homo sapiens sapiens) e aos homes fósiles considerados como as formas ideais de transición no proceso da hominización. O concepto de home como ser humano en xeral, parece nacer coa aparición da idea de individuo na cultura occidental. O que diferenza o home do animal é a cultura, a partir da base do intercambio, a produción e a reprodución das condicións da vida e a linguaxe. Resultado da aparición do home de Neardenthal, traballo, linguaxe, cooperación social e evolución biolóxica, aparecen paralelas, e cando no Würm a especie humana adquire as características actuais nun plan estritamente biolóxico, a evolución continúa a nivel “supraorgánico”, é dicir, cultural. Na tradición filosófica occidental o home foi pensado inicialmente como parte da natureza sometido a unha lei universal común (Heráclito e os filósofos xónicos), pero que deseguida foi diferenciado do puramente natural pola súa intelixencia e a capacidade de reflexión (Xenófanes). Con Demócrito iniciouse unha ética naturalístico-racionalista que acentuou o carácter social do home e as obrigas que isto comportaba. Na sofística, o home foi considerado, ao mesmo tempo que ser natural, posuidor exclusivo do logos. Con Platón esta peculiaridade foi enxalzada nunha liña dualístico-espiritual á categoría de participación divina, e con Aristóteles, foi concibido como un animal político. A corrección que sobre esta concepción realizou o cristianismo e a noción estoica da cidadanía universal foron a base da extensión da idea do home á totalidade das culturas e estratos sociais. O Renacemento fixo ao individuo un ser social e moralmente autónomo, mentres que os ideólogos da burguesía construíron, ao redor desta idea, o seu sistema político e social. A autonomía crítica outorgada por I. Kant ao home e a autonomía política proclamada pola Revolución Francesa foron as últimas achegas do pensamento burgués triunfante ao concepto de home. G. W. F. Hegel insistiu na ambigüidade do home como ser natural e espiritual, mentres que K. Marx definiuno como o conxunto das súas relacións sociais. J. Ortega y Gasset explicou que o propio do home é non ter natureza, senón historia, e J. P. Sartre insistiu en que o home non é máis nada que o seu proxecto, non existe máis que na medida en que se realiza e, polo tanto, non é máis que o conxunto dos seus actos, a súa vida. F. W. Nietzsche falou do derradeiro home, aquel que vive no nihilismo, que acabou con Deus, pero que aínda non é capaz de crear novos valores e, polo tanto, converterse nun superhome. A finais do s XX, en contraposición ao tradicional homo faber, apareceron outros tipos antropolóxicos como o homo oeconomicus, o homo sociologicus e o homo ludens. O concepto metafísico do home, cuestionado radicalmente polo estruturalismo, considérase actualmente como carente de sentido ou como a simple idea reguladora da posible síntese das ciencias humanas.
-
s
m
-
Individuo da especie humana de sexo masculino. Na tradición oral recóllense ditos como: “Anda o home a trote para levar cachote. Cando o home mexa nas botas non pensa nas mozas. Casarás, home coitado, e collerás coidado. Gárdate do home mal barbado e do lobo esfameado. Home narigudo poucas veces cornudo. Home pequeno, fol de veleno. Home que dá en vida o que ten ou é parvo, ou tolo ou non anda ben. Home que ao erguerse di opa!, e o sentarse di ai!, non é para a filla da miña nai. Home tramposo e muller mentireira, doullos a quen os queira. O home é fogo, a muller estopa; vén o diaño e sopra. O home pon/propón e Deus dispón.”
Ex: Os homes e as mulleres son iguais perante a lei.
-
Persoa adulta de sexo masculino.
Ex: O teu fillo xa é todo un home.
-
Persoa do sexo masculino consi derada como posuidor de calidades e defectos que se supoñen propios do seu sexo.
Ex: Haiche que ser ben home para soportar esa carga.
-
Persoa do sexo masculino considerada formando parte dun grupo de persoas.
Ex: Casou cun home de letras. É un home de mar.
-
-
s
m
Persoa do sexo masculino que é subordinado dunha autoridade.
Ex: Chegou do norte o coronel e os seus homes.
-
s
m
Marido ou compañeiro dunha muller.
Ex: Xoana ten o home enfermo.
-
home de prol
-
Home ilustre ou digno de especial consideración.
-
Home de proveito para a sociedade.
-
[HIST]
Mestre que nos gremios de artesáns era elixido para gobernalos, polos seus coñecementos e a súa honradez.
-
-
home do saco
[ETN]
Personaxe mitolóxico de carácter maligno e xerador de medo infantil, que asusta os rapaces ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco.
-
home lobo
[ETN]
lobishome.
Frases feitas
-
2 Expresión que, segundo os contextos ou o ton coa que se empregue, pode adquirir diferentes significados, tales como sorpresa, reproche, insistencia, etc.
-
De home a home. Dicir algo de igual a igual e con sinceridade.
-
Home andado. Home que se aproxima á vellez. Ex: Xa era un home andado cando tivo o primeiro fillo.
-
Home claro! Por suposto.
-
Home morto non fai guerra. Expresión coa que se ponderan os beneficios que moitas veces se conseguen ao saber calar a tempo.
-
Un home é un home! Expresión coa que se realza, normalmente ironicamente, as calidades que adoito se lle atribúen a un home, como a valentía ou a forza.
-
Home da rúa. Persoa normal e corrente.
-
Home de mundo. Home experimentado en moitos ámbitos e moitas circunstancias da vida cotiá.
-
Home de negocios. Home que ten como actividade profesional os grandes negocios.
-
Home de palabra. Home que cumpre o prometido e do que un se pode fiar.
-
Home! 1 Por suposto.
-
Non ser home de. Non ser amigo do que se expresa. Ex: Non lle fagades iso, que non é home de bromas.
-
Non ser morte de home. Aplícase a aquela cousa que aínda sendo negativa non é moi grave.
-
Pobre home! Expresión coa que se expresa un sentimento de pena por alguén.
-
Ser home a/de/para. Ser quen de levar a cabo algo. Ex: Non es home a dicirllo. OBS: Normalmente emprégase en construcións negativas.
Formas incorrectas
varónRefráns
- A cabeza da muller é o home.
- A casa é para a muller e a rúa para o home.
- A filla dala a quen a pida; o fillo hase mirar a quen se ha de dar.
- A home frouxo, bebida forte.
- A muller e a esca, na faldriqueira.
- A muller é a metade do home.
- A muller ha de falar cando a galiña queira mexar.
- A muller só manda na cociña.
- A muller, se é fermosa, gustarache; se é fea, can: sarate; se é pobre, animarate; e, se é rica, mangonearate.
- A recho mozo, asento cordo.
- Cada bome ten o seu nome.
- Cada home tén o seu home.
- Cando a casa cheira a home ¿quen dirá que a casa é pobre?
- Cando a galiña pica no galo ¡malo, malo! e cando o galo pica na galiña ¡aínda, aínda!
- Casa a túa filla como poideres e o teu fillo como quixeres.
- De san Xoán, Santiago e agosto, mulleres, non son voso; dende nadal a marzo estarei ao voso lado.
- Dous Pedros e un Xan fan un home cabal.
- Home sen muller home non é.
- Homes bos e picheles de viño amainan o ruído.
- Mozas, cantá e bailá, que eu. ¡xa, xa!
- O home gaña a facenda e a muller consérvaa.
- O home, na praza; a muller, na casa.
- O home, que faga un cento; a muller, que non a toque o vento.
- O máis grande inimigo do home foi sempre o home.
- O que non sirva para galo, que non aprenda a cantar.
- Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña.
- Quen máis non pode, coa súa muller se deita.
- Ti dona e eu dona ¿quen botará o porco fóra?
- Tres fillas e unha nai, catro diaños para un pai.
- ¡Léveme Deus ao mesón onde mande o mesoneiro e a mesoneira non!