Home Rule

Home Rule

Nome que recibiron os proxectos de lei presentados polos nacionalistas irlandeses, co apoio da Home Government Association, ao parlamento británico entre 1870 e 1914 esixindo o autogoberno para Irlanda. Tralo fracaso dos dous prrimeiros, presentados en 1886 e 1893, a aplicación do terceiro, aprobado en 1914, suspendeuse por causa da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Finalizada esta, estalou unha guerra civil (1919-1921) entre irlandeses nacionalistas (liderados polo Sinn Féin) e irlandeses probritánicos (irlandeses do N), que rematou cun tratado de paz que anulou o cuarto proxecto Home Rule (1920) e proclamou a independencia de Irlanda (Irish Free State), en 1922.

Palabras veciñas

home | home | Home | Home Rule | Home, Cabo | Homel’ | Homel’