Ibérico, Sistema
Ibérico, Sistema
Conxunto de aliñacións montañosas da Península Ibérica que constitúen o límite oriental da Meseta. Esténdese de NO a SL, desde a depresión do Ebro ata o litoral mediterráneo, a través do territorio de Castela e León, La Rioja, Aragón, Castela-A Mancha e Comunitat Valenciana. As principais aliñacións do sistema son a serra da Demanda (que culmina a 2.131 m no macizo de San Millán) e os picos de Urbión (2.264 m). É unha unidade esencialmente alpina, onde predominan as formas estruturais con abundantes fenómenos cársticos.