Iberis
Iberis
[PLANTA]
Xénero de plantas anuais ou perennes, da familia das brasicáceas. Son glabras ou con pelos simples. Presentan inflorescencia en corimbo de cor branca e froito en sílicua. En Galicia está presente, no litoral, a especie Iberis procumbens.