innovación

innovación

(

  1. s f

    Acción e efecto de innovar.

    Ex: A empresa precisa unha boa innovación para poder competir no mercado.

    Confrontacións: renovación.
  2. s f

    Cousa nova que se introduce nun ámbito determinado.

    Ex: Presentaron as últimas innovacións tecnolóxicas na feira de informática.

    Sinónimos: novidade.

Refráns

  • Non é bo consello coller sendeiros novos e deixar camiños vellos.

Palabras veciñas

innomeable | innominable | innominado -da | innovación | innovador -ra | innovar | Innsbruck