2 isca

2 isca

(

  1. s f

    Materia vexetal enxoita, facilmente inflamable.

    Ex: Andou xuntando algo de isca para acender unha fogueira.

    Sinónimos: esca.
  2. s f

    Folla seca do piñeiro.

    Sinónimos: agulla, candea, charamela, esca, faísca, fasco, frouma, garfa, lesta, penica, fiúza.
  3. s f

    Mestura de cachos de carne, peixe ou miñocas que se coloca no anzol para pescar.

    Sinónimos: carnada, cebo, engado, isco.
  4. s f

    Termo da verba dos arxinas, ou fala dos canteiros, que corresponde á voz ‘sopa’.

  5. liñó da isca [PESCA]

    Arte de pesca no que se utiliza un cordel de 50 m de longo que no seu tramo final ten colocados chumbos de metro en metro, e no remate leva un arame de medio metro no que vai suxeito o anzol. Cébase con trozos de anguía e utilízase co barco en movemento

Palabras veciñas

ISBD | ISBN | isc(o)- | 2 isca | 1 isca! | iscallo | 1 iscar