Kepler, leis de

Kepler, leis de
[FÍS]

Leis empíricas que describen o movemento dos planetas ao redor do Sol. Foron descubertas por J. Kepler aproveitando os datos obtidos por T. Brabe. Segundo a primeira lei, a órbita de cada planeta é unha elipse, que ten un dos seus focos ocupado polo Sol. A segunda lei, chamada tamén lei das áreas, establece que o radio vector dun planeta varre áreas iguais en tempos iguais. Segundo a terceira lei, o cadrado do período de revolución orbital dun planeta é proporcional ao cubo do semieixe maior da súa órbita.

Palabras veciñas

Kenyatta, Jomo | Kenzaburo, Oe | Kepler, Johannes | Kepler, leis de | kepleriano -na | Kerala | Kerč’