Kerala

Kerala

Estado da costa do SO de India (38.863 km2; 31.838.619 h [2001]). A súa capital é Trivandrum. A súa economía baséase nunha agricultura moi comercial. Desde comezos do s II a C iniciou as relacións comerciais cos gregos, os romanos, os etíopes e os árabes. Os chola acadaron a hexemonía na rexión no s X, pero en 1310 Kerala pasou ao Sultanato de Delhi, e durante os ss XVI e XVII foi disputada polos reinos veciños. Logo foi conquistada polos portugueses (1498), polos holandeses (1640) e polos ingleses (1791-1795), ata que en 1949 acadou a independencia na Unión India.