John Bull

John Bull

Personificación popular da nación inglesa. Provén da obra The History of John Bull (1712), sátira de John Arbuthnot inspirada pola Guerra de Sucesión á coroa española, onde se representa como o prototipo do inglés capacitado e honesto, pero colérico e de humor variable.