Labor Gallega

Labor Gallega
[PUBLIC]

Revista decenal ilustrada, editada en La Habana a partir de xaneiro de 1914. Cesou a súa edición ao redor de febreiro de 1917. A súa tendencia era anticaciquil, polo que estivo próxima a Acción Gallega. Dirixida por Juan V. Martínez, exerceu como voceira das sociedades galegas de instrución en América. Ademais, incluíu temas culturais e pedagóxicos, abundantes poesías e narracións, relatos de viaxes e notas de carácter histórico.

Palabras veciñas

labirintulomiceto -ta | labium* | labor | Labor Gallega | Labor, Editorial | laborable | laborada