2 legado -da

2 legado -da

(< lat legatu)

  1. s m [HIST]

    Delegado dos emperadores romanos encargado de representalos nunha provincia. A nova división provincial establecida con Augusto orixinou a distinción entre provincias senatoriais ou públicas, gobernadas polos cargos saíntes, e provincias imperiais, gobernadas polos legados imperiais designados polo emperador.

  2. s

    Persoa que unha autoridade envía a outra para tratar un asunto no seu nome.

    Ex: Os legados dos países europeos trataron o tema das cotas lácteas.

  3. [RELIX]
    1. s m

      Eclesiástico que representa o papa, xeralmente nun concilio.

      Confrontacións: nuncio.
    2. legado a latere

      Cardeal enviado extraordinariamente polo papa, con amplísimas facultades, para que o represente ante un príncipe, un goberno ou nun concilio.

Palabras veciñas

Lega, Silvestro | legación | 1 legado | 2 legado -da | legal | legalidade | legalismo