legalidade
(
-
s
f
Calidade de legal.
Antónimos: ilegalidade. -
[DER]
-
s
f
Réxime ou sistema político establecido por unha lei fundamental do estado.
-
principio de legalidade
Principio segundo o que todo acto xurídico dos órganos do estado debe ser sometido ao ordenamento xurídico vixente e, de maneira especial, os regulamentos e os actos xurídicos deben ser adecuados á lei formal. Contraposto ao arbitrarismo administrativo e xudicial, este principio é unha das consagracións políticas do estado de dereito, fundamentado na teoría clásica da división de poderes. Aínda que se quere ver a súa orixe na Magna Charta Libertatum inglesa (1215) con máis seguridade cómpre situalo nas correntes liberais do s XVIII. No dereito administrativo, as manifestacións do principio de legalidade son a adecuación dos actos administrativos ás disposicións xerais do ordenamento xurídico e a produción de normas administrativas segundo a orde de prelación de fondo. No dereito penal, este principio fundaméntase no axioma básico do dereito penal moderno nullum crimen, nulla poena sine lege. Esta manifestación do principio de legalidade está recollida na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), e foi incorporada á maior parte dos códigos penais.
-
s
f