1 legado

1 legado

(

  1. s m

    Acción de legar.

    Confrontacións: doazón.
  2. s m

    Conxunto de cousas, materiais ou non, que se transmiten á posteridade.

    Ex: O legado cultural do mundo árabe segue presente na Península Ibérica.

  3. [DER]
    1. s m

      Disposición por causa de morte que implica unha adquisición de bens a título particular, a diferenza da institución de herdeiro, que supón sucesión a título universal. A persoa favorecida con legado chámase legatario. Os tipos principais de legado son o legado de dominio, que atribúe ao legatario a propiedade dos bens ou dereitos reais ou de crédito, propios do testador, e o legado de crédito, que impón ao gravado efectuar unha determinada prestación a favor do legatario.

    2. legado de parte alícuota

      Legado que atribúe ao legatario a facultade de esixir ao gravado a adxudicación de bens do activo hereditario líquido polo valor correspondente á cota sinalada polo testador. Non sendo herdeiro, o legatario de parte alícuota non responde como debedor das débedas hereditarias e só pode esixir o importe líquido da parte da herdanza que lle corresponde, que non debe percibir necesariamente en bens hereditarios, senón que o herdeiro pode optar por pagala en cartos.

Palabras veciñas

Lefkas | Lega, Silvestro | legación | 1 legado | 2 legado -da | legal | legalidade