Leotia
Leotia
[FUNGO]
Xénero de fungos ascomicetos, da familia das helveláceas, que presenta un receptáculo frutífero xelatinoso irregular e de cor verde. En Galicia está presente a especie L. lubrica durante o outono e o inverno en brañas, marxes de regatos e bosques húmidos.