letra
(
-
[LING]
-
s
f
Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua. As letras están compostas por trazos executados segundo unha orde demasiado constante, pero que variou durante o curso dos séculos. A análise destes trazos e das súas características permite discernir os elementos integrantes e os factores de transformación. Para describir os trazos úsase unha terminoloxía analóxica da linguaxe corrente ou figurada. Ao non tratarse de figuras rixidamente fixadas, non é viable o uso exclusivo dun vocabulario técnico de xeometría, pois non só varían os diferentes tipos dunha escritura segundo o tempo e os lugares, senón que, de feito, cada escribán ten os seus propios idiotismos, que, ademais, non son constantes en cada letra que executa. A orde dos trazos indícase con números e o seu sentido con frechas.
-
s
f
Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, entre outras, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.
Sinónimos: escritura. Confrontacións: grafía. -
letra de imprenta/de molde
Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.
-
s
f
-
s
f
Significado textual de algo, especialmente dunha lei.
-
s
f
Grupo de palabras que forman un texto, en oposición ao contido.
-
s
f
[MÚS]
Conxunto de palabras ás que se lles pon música para ser cantadas.
-
-
s
f
Comunicación escrita dirixida a unha persoa ausente. OBS: Adoita empregarse en plural.
Sinónimos: carta. Confrontacións: misiva. -
letra de batalla
[HIST]
Cada unha das cartas que libraban mutuamente dous cabaleiros, onde manifestaban o desexo de loitar e implicaban un reto a morte. Os combates podían ser por malevolencia ou deportivos. Os agravios eran normalmente o homicidio ou o intento de homicidio, a difamación, a palabra de matrimonio rota, o rapto e o adulterio. O cabaleiro ofendido enviaba a letra que facía de son de batalla ou de requirimento de batalla a ultranza ao ofensor a través dun rei de armas, un heraldo ou un trompeta e indicaba o motivo do agravio ao tempo que se facía un requerimento solemne. O destinatario, que xeralmente denunciaba a falsidade das acusacións do rival, tiña o dereito de escoller as armas e fixar se o combate sería a pé ou a cabalo. Estas letras adoitaban ter sempre a mesma estrutura e un ton notarial, produto do seu carácter xurídico, que, sen embargo, non ocultaban o estilo persoal dos seus autores. O autor empregaba ás veces proverbios e refráns populares como arma contra o rival e acostumaba ironizar sobre este. O estilo das letras de batalla e das cartas de retractamento influíron nos libros de cabalerías e nos certames poéticos medievais.
-
s
f
-
s
f
[GRÁF]
Peza fundida de metal de forma prismática rectangular, cunha grafía gravada na súa base, ou calquera outro tipo de representación gráfica, que se emprega para imprimila nun papel.
-
s
f pl
-
Ámbito cultural en que predomina o cultivo das disciplinas humanísticas, sobre todo da literatura.
-
Conxunto de estudios humanísticos que comprende a literatura, a filosofía, a historia e a filoloxía, por oposición aos estudios científicos ou técnicos.
-
-
letra de cambio
[DER/ECON]
Documento mercantil que unha persoa, chamada librador, dirixe a outra, denominada librado, para que se pague a unha terceira persoa, designada como beneficiario, unha determinada suma de diñeiro no lugar e prazo designados. Emprégase como instrumento de crédito ou medio de pagamento e tivo a súa orixe nos documentos bancarios representativos de diñeiro aparecidos na revolución comercial do s XII. Esténdese en papel impreso e timbrado, da clase e categoría que corresponden, e debe cumprir e facer constar uns requisitos determinados: data e lugar en que se libra, sinatura do librador, data de vencemento (cando consta tamén o lugar fálase de letra domiciliada) e lugar onde se ten que efectuar o pagamento, ademais de identificar os suxeitos implicados. Segundo os seus termos as letras poden ser pagadeiras á vista, directamente á súa presentación fronte ao deudor; a día fixo, cando ten que pagarse no día indicado nela; a certo prazo da data, cando se estipulan a cantidade de días ou meses que transcorrerán antes do vencemento, a partir da data da súa firma; e a certo termo vista, cando o seu vencemento está determinado por un lapso que empeza a contar a partir do momento da súa presentación ou protesto. O titular da letra pode pedirlle a un banco que lle anticipe o importe mediante a operación de desconto, que se calcula como unha porcentaxe sobre o seu valor. A lei estatal de 1985 adaptou o ordenamento español á chamada lexislación uniforme de Xenebra, que foi o modelo de todas as lexislacións europeas en materia de cambio.
-
letra real
[ARQUIV]
Documento, menos solemne ca os preceptos e cós diplomas, que usaron as chancelerías dos reinos occidentais a semellanza das letras apostólicas. De forma epistolar, estaban provistos de enderezo e de saúdo, e a súa función era moi diversa. Os seus caracteres diplomáticos eran moi variados, así como a materia e a posición do selo, que podía ser colgante ou adherido. Durante o s XIV apareceron novos tipos de letras reais, entre as que destacan as provistas de selo secreto, enviadas directamente polo soberano a través dun secretario. Normalmente rexistrábanse, pero, cara ao s XV, comezou a usarse un simple volante, avalado co selo anular do monarca, acentuándose entón a diferenza entre as oficiais e as privadas. Chamábase letra pechada á orde ou carta dirixida a un particular e que, pregada, se pechaba cun selo de cera, mentres que a letra aberta era un documento de forma epistolar de contido moi variado, dirixido a diversas persoas, que tiña aproximadamente o carácter dunha circular. A letra patente era unha letra aberta que contiña un despacho ou unha provisión real de carácter xeral, dirixida a calquera persoa que fose requirida polo beneficio interesado. A letra común era unha letra executoria de mandato ou de súplica referente a unha xestión administrativa, dirixida a oficiais reais, xurados ou personaxes diversos. A letra misiva era un documento real que apareceu despois do reinado do Rei Enrique II de Castela e que perdurou ata o dos Reis Católicos. Chamábase letra de chumbo ao documento real aparecido na chancelería castelá baixo o reinado de Afonso X o Sabio, caracterizado por unha escritura minúscula caligráfica sobre pergameo e validado por un selo de chumbo.
-
adx
-
s
f
Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua. As letras están compostas por trazos executados segundo unha orde demasiado constante, pero que variou durante o curso dos séculos. A análise destes trazos e das súas características permite discernir os elementos integrantes e os factores de transformación. Para describir os trazos úsase unha terminoloxía analóxica da linguaxe corrente ou figurada. Ao non tratarse de figuras rixidamente fixadas, non é viable o uso exclusivo dun vocabulario técnico de xeometría, pois non só varían os diferentes tipos dunha escritura segundo o tempo e os lugares, senón que, de feito, cada escribán ten os seus propios idiotismos, que, ademais, non son constantes en cada letra que executa. A orde dos trazos indícase con números e o seu sentido con frechas.
-
s
f
Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, entre outras, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.
Sinónimos: escritura. Confrontacións: grafía. -
letra de imprenta/de molde
Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.
-
s
f
- [DER]
Frases feitas
-
Ao pé da letra/Á letra 1 De xeito literal, palabra por palabra. Ex: Sabía a lección ao pé da letra. Recitou os poemas á letra.
-
Ao pé da letra/Á letra 1 De xeito literal, palabra por palabra. Ex: Sabía a lección ao pé da letra. Recitou os poemas á letra.
-
Letra por letra. Con minuciosidade e sen esquecer ningún detalle. Ex: Contounos o que lle pasou letra por letra.
-
Letra por letra. Con minuciosidade e sen esquecer ningún detalle. Ex: Contounos o que lle pasou letra por letra.
-
2 Con exactitude e rigor. Ex: Fixo o que lle mandei ao pé da letra. Seguimos á letra as túas instrucións.
-
2 Con exactitude e rigor. Ex: Fixo o que lle mandei ao pé da letra. Seguimos á letra as túas instrucións.