limiao -miá

limiao -miá
  1. adx

    Relativo ou pertencente á Limia ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante da Limia.

  3. [ZOOL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza limiá.

    2. raza limiá

      Raza bovina morena orixinaria da comarca da Limia de gran tamaño, perfil subcóncavo a recto, cabeza mediana con fronte ancha, fociño ancho, cornos en gancho e curtos nos machos e longos e grandes nas femias, tronco amplo e extremidades de tamaño medio e fortes. A súa pelaxe é de cor castaña, moito máis escura no terzo anterior, borla negra e auréola abrancazada ao redor do fociño. Os machos acadan un peso medio de 900 kg e as femias de 650 kg. Aínda que foi explotada como produtora de carne e leite e na realización de labores agrícolas, o seu máximo interese céntrase na produción cárnica. É propia das comarcas galegas da Limia e Monterrei. Posúe grandes calidades de rusticidade e adaptación ao medio. Considerada en perigo de extinción, a administración galega activou en 1983 un programa para a súa conservación.

Palabras veciñas

Limia, Bo Xesús da | Limia, casa dos | Limia, comarca da | limiao -miá | limiar | limícola | limicos