limiar

limiar

(< lat limināre)

  1. s m [ARQUIT/CONSTR]

    Parte inferior ou peza que ocupa a parte inferior do oco da porta dunha casa.

  2. s m

    Lugar en que está a porta de entrada dunha casa.

    Ex: Ten un colgador no limiar.

    Sinónimos: entrada.
  3. s m

    Texto que introduce unha obra escrita.

    Sinónimos: prólogo.
  4. s m

    Punto ou momento en que se inicia algo.

    Ex: Estamos no limiar dunha nova era.

  5. s m
    1. [FÍS]

      alor extremo, máximo ou mínimo, dunha magnitude que, ao ser traspasado, fai cambiar as características do sistema establecido.

    2. [TECNOL/AUTOM]

      alor mínimo que debe tomar a variable de excitación ou de entrada dun sistema para producir unha resposta. Determina o nivel de sinal que pode facer accionar un dispositivo ou un aparato.

  6. [FISIOL/PSIC]
    1. s m

      Límite a partir do que se percibe a sensación dun determinado estímulo. Pode variar segundo o tipo de célula que se excita (fibra muscular, célula nerviosa), as condicións da célula (temperatura, estado de repouso ou fatiga) e a natureza do estímulo (eléctrico, acústico ou luminoso).

    2. limiar absoluto

      Estímulo mínimo que produce unha sensación.

    3. limiar diferencial

      Intensidade mínima en que o estímulo inicial debe variar para que haxa unha diferencia na sensación.