Littorina
Littorina
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos mariños, da familia dos litorínidos, que presenta a cuncha en espiral, curta, e de cor parda-verdosa. Reciben este nome por atoparse na zona do litoral onde só chega a auga da marea alta. A máis común nas costas galegas é L. littorea (caramuxo ou mincha).