Liverpool

Liverpool

Cidade do condado de Lancashire, Inglaterra, Reino Unido, situada no esteiro de Mersey (439.473 h [2001]). A cidade é o centro da conurbación industrial de Merseyside. A partir de 1930 a poboación da cidade diminuíu tras poñerse en práctica unha política gobernamental de desconxestión. A principal función urbana é a portuaria, e o centro radica en Pier Head. Está presente a industria química, a de transformación de alimentos, a auxiliar do automóbil, a metalúrxica de minerais non ferrosos e a construción naval.