Luís Seoane, Compañía de Teatro
Luís Seoane, Compañía de Teatro
[ESPECT]
Cooperativa teatral creada na Coruña en 1980. En 1981 abriu a Sala de Teatro Luís Seoane, onde ofreceu unha programación cultural permanente centrada no teatro, na música e nas artes plásticas, e presentou ao público compañías como Zascandil, Georoa, Karraka, Teatro de la Ribera, Márgen ou Guirigay. Dos espectáculos presentados pola compañía, e dirixidos por Manuel Lourenzo e Xosé Manuel Rabón, destacan Dansen (1980), A casa das tres lúas (1981), A esperar por Godot (1982), Edipo rei (1983), Fausto (1984), A larva furiosa (1985) e Forzas eléctricas (1986).