Luís Tilve, Fundación

Luís Tilve, Fundación

Fundación cultural privada e sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela o 9 de Outubro de 1989. Dos seus obxetivos destacan fomentar o coñecemento e a difusión da cultura sindical, axudar ao estudo e investigación da historia dos sindicatos, en particular da UXT de Galicia, do sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega; contribuír á formación de responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento das súas responsabilidades; contribuír ao estudo e á investigación da emigración galega, ser depositaria dos arquivos histórico e documental da UXT de Galicia, e custodiar, ordenar e manter a biblioteca da UXT de Galicia.