1 madeira

1 madeira

(< lat materia)

  1. s f

    Materia leñosa da árbore. A substancia lígnea caracterízase polos feixes de fibras separadas entre elas por bandas medulares en sentido radial, co nome de mallas, que forman tecidos en capas de periodicidade anual. A parte máis firme e compacta é a máis próxima ao corazón, e a máis feble e abrancazada é a albura, inmediata á cortiza. Require un bo grao de sequidade, porque é sensible á humidade, coa que dilata, para contraerse de novo cando o clima volve ser seco. Para evitar a súa destrución sométese a un tratamento de conservación, que consiste en inxectar unha substancia capaz de facela imputrescible e de preservala da auga, de certos insectos e das flores. Para construcións hidráulicas, de travesas do ferrocarril ou armería emprégase a madeira de ferro, moi dura e resistente. As madeiras finas dedicadas á ebanistería, son pezas de dimensións variables, desbastadas e escuadradas.

  2. s f

    Obxecto feito dese material.

  3. s f

    Parte desa materia que se emprega na contrución.

  4. s f

    Conxunto de instrumentos de vento dunha orquestra feitos de madeira.

Frases feitas

  • Ser da madeira do demo 1 Ser alguén, sobre todo un neno, moi enredante e fedello.

  • 2 Ser alguén ruín ou atravesado por natureza.

Palabras veciñas

Maddalena, La | Maddrell, sal de | Madegrúa, A | 1 madeira | 2 madeira | Madeira | Madeira