1 mal
(< lat malu)
-
s
m
Aquilo que prexudica dalgunha maneira a algo ou alguén.
Ex: A néboa fíxolle moito mal ás patacas.
Sinónimos: dano. Antónimos: ben. -
s
m
Dano moral ou material que recibe alguén.
Ex: O mal non fai falla buscalo que aparece el só.
Antónimos: ben. -
[PAT]
-
s
m
Alteración das condicións fisiolóxicas normais acompañada de sufrimento físico, así como das mentais.
Sinónimos: doenza, enfermidade. -
mal caduco
epilepsia.
-
mal cativo/francés/ruín
sífilis.
-
mal de montaña/de altura
Estado morboso provocado pola diminución da presión atmosférica. Maniféstase por vertixe, cefaleas, somnolencia ou dispnea. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Acosta.
-
mal de pedra
Afección que consiste na formación de cálculos nos riles.
-
mal de san Lázaro
lepra.
-
mal de unlla
glosopeda.
-
mal inglés
raquitismo.
-
mal perforante
Denominación xenérica de certas lesións tegumentarias que teñen tendencia a facerse máis profundas, causadas xeralmente por lesións nerviosas.
-
mal suboccipital
Tuberculose das vértebras atlas e axis.
-
s
m
-
s
m
[RELIX/FILOS]
Privación do ben, feito que fai que un ser non sexa bó. Ao dar unha definición xeral cómpre recoller o carácter que para unha comprensión optimista do mundo tanto cristiá como racionalista, ten o mal como simple negación do ben ao tempo do carácter de positiva realidade que representa nunha concepción do mundo pesimista (dualismo, irracionalismo, existencialismo ateo). O optimismo cristián-racionalista, non nega a existencia do mal: segundo o cristianismo, todo o real é orixinalmente bó, e o mal non é senón froito da liberdade humana; para o racionalismo, o mal é un momento interior do desenvolvemento do ben. O establecemento do mal como principio real, concomitante co principio do ben, co que entrou en loita ao longo da historia, corresponde fundamentalmente ao maniqueísmo. Hai que distinguir, tamén, entre o mal físico e o que se considera como mal propiamente dito: o mal moral, que nace fundamentalmente da liberdade humana e que se identifica no cristianismo, co pecado, mentres que o fatalismo grego o identifica co destino.
-
mal de ollo
Poder voluntario ou involuntario que posúen algunhas persoas mediante o que poden causar desgracias coa mirada.
Frases feitas
-
Estar a mal. Ter inimizade con alguen.
-
Mal por mal. Indica preferencia entre dúas ou máis opcións cando unha delas ten que suceder.
Refráns
- A mala paga cobrala, sequera en palla.
- Alá vaias mal, onde che poñan bo cabezal.
- Antes birollo que cego de todo.
- Antes torto que cego de todo.
- Cando mal, maleitas.
- Cando veñen os males,tódolos "iguales. tempos son
- Defendera-Io mal, falando ben do mal.
- Do malo, o mellor.
- Do malo, pouco; do peor, nada.
- Entre a rapa e a rebola ¡que o demo escolla!
- Máis vale dor de brazos que dor de corazón.
- Máis vale malo coñecido que bo por coñecer.
- Máis vale molla-las faldras que lixa-Ias toucas.
- Máis vale perder o pouco que perder o moito/perdelo todo.
- Máis vale quedar torto que morto.
- Máis vale ser tOrtO dun olIo que cego dos dous.
- Máis vale torto que cego.
- Mal de moitos, consolo de parvos.
- Mal de moitos, consolo de todos.
- Mal por mal, antes no cárcere que no hospital.
- Mellor é que a la se perda e que non se perda a ovella.
- Na casa do cego o tOrtO é o que manda.
- Non hai mal que non veña por ben, mais cata para quen.
- Non hai mal sen ben, cata para quen.
- O bo aborrece e o malo apetece.
- O mal nunha casa acaba coas caravillas.
- O mal sexa para quen o queira.
- O mal, mal criado fai.
- O pequeno mal espanta e o grande amansa.
- O pouco mal espanta e o moito pesa e cansa.
- O que ha de come-lo rato, que o coma o gato.
- Pouco mal espanta e moito amansa.
- Primeiro tOrtO que cego.
- Se mal é de costas, peor é de illargas.
- Se se queima a casa, quentémonos ás brasas.
- ¡Benia o mal que con durmir cura!
- ¡Deus conserve o meu amo, por medo doutro máis malo!