malo -la
(< lat malu)
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha aguia de sable.
-
adx
Que non ten as calidades esixibles á súa natureza ou función.
Ex: Estes pantalóns saíronme moi malos.
Sinónimos: ruín. Antónimos: bo. -
adx
Que non é como convén ou como gustaría que fose.
Ex: Dixeron que fará un día malo.
Sinónimos: ruín. -
adx
Que é prexudicial ou que ten consecuencias negativas.
Ex: O exceso de alcohol é malo para a saúde.
Antónimos: bo. -
adx
Que non posúe as calidades morais que se consideran positivas.
Ex: Todos sabemos que es unha mala persoa.
Antónimos: bo. -
adx
Que está enfermo.
Ex: Púxose mala e non puido ir traballar.
Sinónimos: doente. Antónimos: bo. -
adx
Que está estragado, especialmente referido a alimentos.
Ex: Non uses estes ovos que poden estar malos.
Antónimos: bo. -
adx
Que ofrece algunha dificultade.
Ex: Parece un encargo malo de facer.
Sinónimos: difícil. Antónimos: bo, fácil. -
adx
Que causa pena ou sufrimento ou que anuncia unha desgracia.
Ex: É un mal sinal que aínda non teñamos noticias.
Antónimos: bo. -
adx
Que tende a facer trasnadas ou que é inquieto.
Ex: Era tan malo que pasou o día castigado. OBS: O adxectivo ten unha forma apocopada mal que se emprega diante dos substantivos masculinos. Ex: É un mal amigo, que nunca está cando o necesitas.
Antónimos: bo.
Frases feitas
-
-
Ás/polas malas Á forza
-
Nin un mal.../nin unha mala... Úsase en expresións negativas para indicar a carencia de algo. Ex: Non nos deu nin unha mala propina.
-
. Estar de malas. Estar de mal humor.
-
De mala gana. Estar a disgusto.
-
Pensar no mal. Ser precavido.
-
Picar no mal. Ser enganado e burlado.