mantedor -ra

mantedor -ra

(< manter)

  1. adx

    Que mantén ben, xeralmente o gando.

  2. s m [HIST]

    Cada un dos cabaleiros que nas xustas ou torneos medievais facían de xuíces durante a loita.

  3. s
    1. Cada unha das persoas que integran o xurado nun certame literario.

    2. Persoa que pronuncia un discurso en nome do xurado nun certame literario, cultural ou deportivo.