manumisión
manumisión
(< lat manumissĭōne)
s
f
[DER/HIST]
Liberación dun escravo ou dun servo. Segundo o dereito clásico consistía, xuridicamante, na renuncia por parte do patrón (dominus) á potestade (manus) que tiña sobre o seu escravo. En Grecia rexistráronse formas de manumisións relixiosas, como a consagración dos escravos a unha divindade, e civís. En Roma, o dereito civil distinguía tres tipos de manumisión: a manumissio vindita, que constituía unha reivindicación da liberdade fronte a un maxistrado, a manumissio censu, que se acompañaba coa inscrición do escravo como cidadán nas listas censuais, e a manumissio testamento, que proclamaba a súa liberdade nun testamento.