maquis
(< fr maquis < italmacchia ‘campo cuberto de maleza’)
-
s
m
[BOT/XEOL]
Formación vexetal integrada fundamentalmente por arbustos de folla dura e persistente, densamente agrupados, que poden chegar a ter uns 3 m de altura. É propia de solos silíceos e calcarios da zona mediterránea.
-
[HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente aos maquis.
-
s
Partidario dos maquis.
-
s
m
Lugar pouco accesible que serviu de refuxio aos membros da resistencia francesa durante a ocupación nazi de Francia.
-
s
m
Organización de resistencia armada francesa contra a ocupación alemá na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).
-
s
m
Movemento armado de resistencia antifranquista que se desenvolveu en diversos puntos da xeografía española trala Guerra Civil Española (1936-1939). O período de máximo apoxeo produciuse despois da liberación de Francia por parte dos aliados en 1944, xa que esta situación permitiu a entrada de homes desde o outro lado dos Pireneos. Permaneceu activo ata a década de 1950. En Galicia recibiron o nome de fuxidos e concentráronse, principalmente, na zona do Barco de Valdeorras, A Gudiña, Verín, nas zonas montañosas das serras de Queixa, La Cabrera, San Mamede e Cabeza de Manzaneda, e na zona litoral desde Viveiro ata Ferrol.
-
adx