margarida
(< lat margarīta < grμαργαρίτης ‘perla’)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea, dos xéneros Bellis e Argyranthemum, da familia das asteráceas, que presenta follas basais espatuladas, alternas e opostas, inflorescencias en capítulo coas lígulas brancas e as beiras de cor púrpura, e froito en aquenio, sen vilano. A substancia de reserva é a inulina, que substitúe o amidón.
-
s
f
[BOT]
Inflorescencia en capítulo, das plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que está formada por pequenas flores pentámeras, denominadas flósculos, dispostas sobre un receptáculo, e flores liguladas. A inflorescencia está rodeada de brácteas verdes que conforman un invólucro.
-
s
f
[ANIMAL]
Molusco gasterópodo, do xénero Trivia (T. monacha e T. arctica), da familia dos trívidos, de aspecto moi similar, que poden localizarse na zona infralitoral. Están presentes nas costas galegas, así como no Océano Atlántico e no Mar do Norte. A cuncha é de cor branca, duns 1,2 cm aproximadamente, con espira curta e superficie pálida recuberta por pequenos sucos. De aspecto similar a un gran de café, diferéncianse entre elas porque a especie T. monacha ten tres pequenas manchas redondeadas escuras no dorso da cuncha. Son carnívoras e aliméntanse de ascidias.
-
s
f
Perla dos moluscos.
-
s
f
[MINERAL]
Silicato de alumínico cálcico, de fórmula Al 2 Ca(Si 2 Al 2 O 10 )(OH) 2 , que pertence ao grupo das micas e que cristaliza no sistema monoclínico. É translúcida ou de cor branca.
-
s
f
[MAR]
-
Nó mariñeiro que se fai para tentar acurtar temporalmente un cabo ou para que deixe de traballar unha certa parte demasiado gastada.
-
Cada un dos nós que hai na corda dunha sonda.
-
-
s
f
[TECNOL/INFORM]
Roda dun material flexible, de forma semellante á flor homónima, que ten na periferia os caracteres que, por percusión e a través dunha cinta tintada, imprimen no papel dalgunhas máquinas de escribir e impresoras.