Margarida
Margarida
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do nome latino Margarita, e que ten a súa orixe no substantivo común latino margarīta ‘perla’, préstamo do nome masculino grego ί ‘perla’ de posible orixe oriental. Hai máis de vinte santas con este nome: santa Margarida de Antioquía (s III?), que se celebraba o 20 de xullo; a de Cortona (s XIII), o 22 de febreiro; a de Escocia (s XI), o 26 de novembro; a de Hungría (S XIII), o 18 de xaneiro; e a de Alacoque (s XVIII), o 16 de outubro. É patroa de Negreira, onde a celebran o 13 de setembro, e de Zas, onde a celebran o 26 de xullo (santa Margarida de Muíño).