Māri

Māri

Antiga cidade-estado de Siria, situada no curso medio do Éufrates, onde se edificou séculos máis tarde Tall al- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ arīrī. O período protodinástico (3000-2450 a C) está representado polos templos de Ištar. Conquistada por Sargón I de Acad, pasou ao poder da dinastía de Acad (2371-2191 a C) e despois á dinastía III de Ur (2113-2006 a C). A partir de 2006 a C Mesopotamia foi invadida polos amoritas e Ia Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẖ dunlim (1810?-1800 a C) fundou unha dinastía na cidade, que converteu en reino. O seu fillo Zimrilim foi o soberano máis destacado (1788-1758 a C) e someteu os dirixentes de Mesopotamia, multiplicou as relacións diplomáticas con Hammurabi, e favoreceu a agricultura e o comercio. Foi conquistada por Hammurabi en 1760 a C e destruída en 1758 a C.