maurino -na
maurino -na
(< antropónimo san Mauro)
-
adx
Relativo ou pertencente aos maurinos.
-
s
[RELIX]
Membro da congregación beneditina francesa coñecida como Congrégation de Saint-Luaur, creada por san Mauro en 1621 e confirmada polo Papa Urbán VIII (1627) e polo Rei Luís XIII de Francia (1631-1632). Os primeiros maurinos, dos que destacaron J. L. D’Achéry, J. Mabillon, B. De Montfaucon, E. Martène, T. Ruinart, F. De Lamy, J. Martianay, J. Garnier, P. Coustant, C. De La Rue, C. F. Toustain, R. P. Tassin, C. De Vic e J. Vaissete, déronlle á congregación unha forte orientación cultural e científica. A congregación subsistiu ata tempos da Revolución Francesa.