Médicas, Guerras

Médicas, Guerras
[HIST]

Conflitos bélicos que se produciron entre gregos e persas ao longo do s V a C. No ano 499 a C o tirano de Mileto, Aristágoras, provocou unha revolta dos cidadáns xónicos e Mileto foi tomada polos persas. Ante a ameaza que supuñan Atenas e Eretria, en 490 a C o rei persa Darío, enviou unha expedición a Maratón, onde os atenienses os derrotaron. Dous anos máis tarde, Xerxes I, o fillo de Darío volveu prepararse para a guerra. Entre tanto, Temístocles convertera Atenas nunha potencia naval e as súas naves derrotaron unha escuadra persa moi superior na baía de Salamina (480 a C). No verán seguinte o resto das tropas persas foron destruídas en Platea por un exército grego confederado. Remataron coa Paz de Calias (449-448 a C) entre Atenas e Persia, e coa Tregua dos Trinta Anos entre Esparta e Atenas.