Mercedarios, convento dos
Mercedarios, convento dos
Construción situada en Verín. A orixe da orde mercedaria que nela se alberga, remóntase ao s XV en Monterrei, lugar onde permaneceron os relixiosos ata que se tiveron que trasladar a Verín a principios do s XVII. A igrexa, do s XVIII, presenta torre barroca con balaustrada no segundo corpo e remate en bóveda de media laranxa. A fachada, sinxela, ten porta de medio punto flanqueada por columnas anexadas e o escudo da orde sobre a clave do arco, ademais de pináculos e frontón triangular partido.