meticuloso -sa

meticuloso -sa

(< lat meticulōsu)

  1. adx

    Que fai as cousas con orde e coidando ata os mínimos detalles.

    Ex: É moi meticuloso coas cousas do traballo. De tan meticulosa que é faise molesta.

    Sinónimos: perfeccionista.
  2. adx

    Que está feito con orde e rigor, tendo en conta todos os detalles.

    Ex: Fixo unha investigación moi meticulosa.

Palabras veciñas

metical | meticilina | meticulosidade | meticuloso -sa | metido -da | metil- | metil-azinfós