metil-azinfós
metil-azinfós
Nome científico:
[ditiofosfato de O, O-dimetilo e de S-(3,4-dihidro 4-oxo 1,2,4-benzotriazin 3-il)metilo]
s
m
[QUÍM/AGR]
Composto químico organofosforado que actúa como insecticida non sistémico. Está autorizado en cultivos leñosos, ornamentais, de algodón e de pataca, e o mecanismo de acción é por inxestión ou contacto. Catalogado de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación está prohibida ou limitada na época de floración dos froitos.