metido -da

metido -da

(< meter)

  1. p reg

    de meter ou meterse.

  2. adx e s

    Que ou quen intervén nun asunto alleo que non é da súa incumbencia.

    Ex: Non me gusta vivir con persoas metidas. Sempre hai algún metido que ten que crear polémicas.

  3. adx e s

    Que ou a quen lle gusta intervir en liortas.

    Ex: O fillo da veciña ten moitos problemas no colexio porque é un metido.

  4. adx

      Que se dedica moito a algo ou que sabe moito de algo.

    Ex: Está moi metido en temas de política.

Frases feitas

  • Metido/a en anos. Que ten moitos anos.