Minia

Minia
[ONOM]

Antropónimo feminino que ten a súa orixe no latín Minia, talvez forma feminina de Minius, de orixe incerta, quizais etrusca. Tamén evoca o nome latino do río Miño (Minius) que máis dunha vez se ten relacionado co minium ‘cinabrio’, ‘minio’. Presenta o hipocorístico Meniña. A súa difusión é recente e débese a santa Minia de Brión.

Palabras veciñas

Minho | Minho | mini- | Minia | Minia de Brión, santa | miniar | miniatura