Morisot, Berthe
Morisot, Berthe
Pintora francesa. Formada con Jean-Baptiste C. Corot e con E. Manet, o seu estilo propio estableceuse cara a 1877, pero a partir de 1880 recibiu a influencia de A. Renoir. Participou en todas as exposicións impresionistas, a pesar da súa técnica de pinceladas amplas, e cultivou os temas intimistas e amables, sempre con figuras femininas ou de nenos. Da súa produción destacan Le berceau (1873), Le village de Maurecourt (1873), La chasse aux papillons (1874), Jeune femme à la toilette (1879), Eugène Manet et sa fille (1883) e Le cerisier (1891).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bourges -
Deceso
Lugar : París