Muros
Muros
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva, en campo de prata, unha cruz potenzada de goles. Outra variante trae escudo cuartelado: primeiro, terceiro e cuarto cuarteis, en campo de azul, con dúas bandas de ouro, acompañadas dunha estrela do mesmo no cantón sinistro do xefe; segundo cuartel, de ouro con tres paus de sable.