Muxía, porto de

Muxía, porto de

Porto pesqueiro situado na vila de Muxía, na parte S da boca da ría de Camariñas. É unha das principais instalacións portuarias pesqueiras da área da Costa da Morte, onde se concentran máis de 80 embarcacións, a maioría delas de pequeno tamaño. Trátase dunha actividade pesqueira baseada en barcos que fanean preto da costa con artes tradicionais.

Palabras veciñas

Muxía | Muxía | Muxía, enseada de | Muxía, porto de | Muxía, Santa María de | muxián -xiá | muxica