nobelio
nobelio
(< antropónimo Alfred B.Nobel)
s
m
[QUÍM]
Elemento radioactivo transuránico, de número atómico 102 e peso atómico 259,10. Foi descuberto e identificado en 1957 por un grupo de científicos do Argonne National Laboratory de Harwell. Ademais, o Instituto Nobel de Física de Estocolmo anunciou a identificación do elemento 102 como resultado das investigacións feitas nesta institución. Este isótopo foi obtido por bombardeo do 244Cm por ións 13C producidos nun ciclotrón, e desintegrouse por emisión de partículas α de 8 MeV. O isótopo ten unha semivida de 10 minutos.